CINEUROPA · CENTENARIO JORGE SEMPRÚN
L'ATTENTAT / O ATENTADO (1972)
Yves Boisset
Francia / 120 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Gian Maria Volonté, Jean-Louis Trintignant, Michel Piccoli, Jean Seberg
Ficha técnica:
Guión: Jorge Semprún, baseado nunha historia escrita por Ben Barzman e Basilio Franchina
Fotografía: Ricardo Aranovich
Edición: Albert Jurgenson
Produción: Giuliani G. De Negri, Jean Gontier, Yvon Guézel
Sinopse:
Sadiel, un destacado líder rebelde norteafricano, refúxiase en Suíza tras o triunfo dun golpe de estado no seu país. Desde o exilio, organiza unha oposición democrática contra a ditadura en Marrocos. Consciente da ameaza que Sadiel representa, o coronel Kassar ponse en contacto cos servizos franceses para que o eliminen.
Filme baseado, aínda que non exista ningunha referencia explícita, no caso de Mehdi Ben Barka, político marroquí que loitou pola independencia e máis tarde foi un disidente do réxime de Hasán II.