CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
L’ÉTRANGER / O ESTRANXEIRO (2025)
François Ozon
Francia / 120 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Benjamin Voisin, Rebecca Marder, Pierre Lottin
Ficha técnica:
Guión: François Ozon. Baseado na novela de Albert Camus
Fotografía: Manuel Dacosse
Edición: Clément Selitzki
Produción: François Ozon, Marie-Jeanne Pascal
Sinopse:
Arxel, 1938. Meursault, un home tranquilo e reservado duns trinta anos, asiste ao funeral da súa nai sen verter unha soa bágoa. Ao día seguinte inicia unha relación casual con Marie, unha compañeira de traballo, e regresa á súa rutina cotiá. Pero a súa vida muda cando o seu veciño, Raymond Sintès, o implica nos seus turbios asuntos. Nun día abafante de verán, un acontecemento tráxico nunha praia marcará para sempre o destino de Meursault.
François Ozon é un dos directores máis destacados e prolíficos do cinema francés contemporáneo. Formado na prestixiosa escola FEMIS, iniciou a súa carreira nos anos noventa con varias curtametraxes que xa anticipaban o seu gusto pola provocación e a ironía. O seu primeiro éxito internacional chegou con Sitcom (1998), seguido de títulos como Sous le sable (2000), 8 mulleres (2002) ou Swimming Pool (2003), que consolidaron o seu estilo elegante e subversivo. Ao longo da súa filmografía explorou temas como o desexo, a identidade e a moral burguesa en obras como Frantz (2016), Grâce à Dieu (2019, Gran Premio do Xurado en Berlín) ou Peter von Kant (2022). En L’Étranger (2025), Ozon revisita o clásico de Camus con sensibilidade contemporánea e o seu característico equilibrio entre ambigüidade e emoción.
Sección Oficial Festival de Venecia
Sección Perlak no Festival de San Sebastián