CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
KVINDE UKENDT / WOMAN UNKNOWN (2026)
May el-Toukhy
Dinamarca, Letonia, Suecia / 124 min / Danés
Ficha artística:
Mathilde Arcel, Carsten Bjørnlund, Thorbjørn Hedegaard, Marina Bouras, Mia Plantin, Sofia Nolsøe, Flora Yde Sander, Mikael Birkkjær, Joen Højerslev
Ficha técnica:
Guión: May el-Toukhy e Maren Louise Käehne
Fotografía: Jasper Spanning
Edición: Rasmus Stensgaard Madsen, Anna Wistreich
Produción: Mikael Rieks, Rebecka Beckman, Johanna Bergenstråhle, Kristina Börjeson, Madara Kalnina, Esko Rips e Lukas Trimonis
Sinopse:
Dinamarca, 1945. Marie, unha empregada doméstica, está a piques de casar con Christian, o rico viúvo para quen traballa. Pero agocha un segredo: durante a ocupación mantivo unha relación íntima cun soldado alemán. Cando o pasado ameaza con saír á luz, Marie fará todo o posible por preservar a súa nova posición social e construír unha vida diferente, nunha sociedade que castiga publicamente as mulleres acusadas de colaborar co inimigo.
May el-Toukhy debutou na longametraxe coa comedia romántica Long story short (2015), que gañou varios premios daneses. O seu segundo filme, Raíña de corazóns (2019), acadou o premio do público en Sundance, ademais do principal galardón de Gotemburgo á mellor película nórdica, ademais dos premios á mellor actriz e do público.
LEÓN DE OURO E COPA VOLPI Á MELLOR ACTRIZ (MATHILDE ARCEL) NO FESTIVAL DE VENECIA 2026