CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
KUOLLEET LEHDET / FOLLAS DE OUTONO (2023)
Aki Kaurismäki
Finlandia, Alemaña / 81 min / Ficción / Finés
Ficha artística:
Alma Pöysti, Alina Tomnikov, Jussi Vatanen
Ficha técnica:
Guión: Aki Kaurismäki
Fotografía: Timo Salminen
Edición: Samu Heikkilä
Produción: Reinhard Brundig, Misha Jaari, Aki Kaurismäki, Mark Lwoff
Sinopse:
A historia de dúas persoas solitarias que se atopan por casualidade na noite de Helsinqui e tentan atopar o primeiro, único e último amor das súas vidas. O seu camiño cara a esta honrosa meta vese embazado polo alcoholismo do home, números de teléfono perdidos e a tendencia xeral da vida a poñer obstáculos no camiño de quen busca a súa felicidade.
Aki Kaurismäki (Orimattila, Finlandia). Comezou a súa carreira como codirector nas películas do seu irmán maior, Mika. Aki debutou como director independente con Crime e castigo (1983), adaptación da famosa historia de Dostoievsky na Helsinqui moderna. Gañou a atención da crítica a nivel mundial con Leningrad Cowboys Go America, (1989), unha curiosa road movie musical en clave satírica. Logo virían Luces ao atardecer (2006), Un home sen pasado (2002), Juha (1999) ou Nubes pasaxeiras (1996), recoñecidos filmes cos que constrúe unha das filmografías máis persoais da actualidade.
Premio do xurado no Festival de Cannes 2023
Premio FIPRESCI no Festival de San Sebastián 2023