CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
KUNG-FU MASTER (1988)
Agnès Varda
Francia / 75 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Jane Birkin, Mathieu Demy, Charlotte Gainsbourg, Lou Doillon
Ficha técnica:
Guión: Agnès Varda. Baseado nunha historia de Jane Birkin
Fotografía: Pierre-Laurent Chénieux
Edición: Marie-José Chauvel
Produción: Ciné Tamaris, La Sept Cinéma
Sinopse:
Mary-Jane, unha muller divorciada duns corenta anos e nai de dúas fillas, Lucy e Lou, coñece a Julien, un mozo de catorce anos compañeiro de clase da súa filla maior. Pequeno e descarado, pero cun lado sensible, o rapaz esperta nela unha curiosidade inesperada. A relación entre ambos medra a través dos seus encontros xunto á máquina recreativa do videoxogo Kung-Fu Master, da que Julien é un gran afeccionado.