KORISNICI / OASIS (2020)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN EUROPEA

DOM 8, 12:00 | SALÓN TEATRO
VEN 13, 16:15 | SALÓN TEATRO

Ivan Ikić

Serbia, Eslovenia, Países Baixos / 122 min. / Ficción / Serbio

Ficha artística:
Marijana Novakov, Tijana Markovic, Valentino Zenuni, Milica Djindjic, Sasa Strugar, Marusa Majer, Goran Bogdan

Ficha técnica:
Guión: Ivan Ikić
Fotografía: Milos Jacimovic
Edición: Dragan Von Petrovic
Produción: Milan e Marija Stojanovic

Á súa chegada a unha institución para persoas con diversidade funcional, María convértese rapidamente en amiga da igualmente apaixonada Dragana. Cando queda claro que ambas as dúas están namoradas do máis retraído Robert, a súa relación altérase e gradualmente e convértese nun perigoso xogo para conquistalo. Impulsadas polos seus novos sentimentos de desexo e celos, as súas accións impulsivas derruban o delicado equilibrio preservado polas asfixiantes regras da institución e desembocan en confrontacións e medidas desesperadas para atopar unha saída.

Ivan Ikić
(Belgrado, Serbia, 1982)
Estudou dirección de cinema e televisión na Facultade de Arte Dramática da Universidade de Artes de Belgrado. A súa ópera prima, Barbarians (2014), gañou o Premio Especial do Xurado en Karlovy Vary e moitos outros premios en máis de 35 festivais internacionais. En 2016, foi un dos seis directores seleccionados para a Cinefondation Residence de Cannes, onde desenvolveu Oasis.

Duración: 
122 MIN
Información da billeteira: 
  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

 

PRÉGASE USO PREFERENTE PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS DA PÁXINA WEB COMPOSTELACULTURA.GAL

 

CONSULTA PROTOCOLO ACCESO ESPECTÁCULOS NO PORTAL DESTA WEB

Funcións: 
Domingo, 8 Novembro, 2020
12:00
Salón Teatro

UBICACIÓN