CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
KONTINENTAL ‘25 (2025)
Radu Jude
Romanía, Brasil, Suíza, Reino Unido, Luxemburgo / 109 min / Ficción / Romanés
Ficha artística:
Eszter Tompa, Annamária Biluska, Marius Damian
Ficha técnica:
Guión: Radu Jude
Fotografía: Marius Panduru
Edición: Catalin Cristutiu
Produción: Adrien Chef, Ramona Grama, Andreas Roald, Rodrigo Teixeira, Alexandru Teodorescu, Paul Thiltges, Dan Wechsler, Jamal Zeinal Zade
Sinopse:
Orsolya é alguacil en Cluj, a principal cidade de Transilvania. Un día debe desafiuzar un home sen teito que vive no soto dun edificio. Un suceso inesperado desencadea unha crise moral que ela tentará resolver do mellor xeito posible.
Radu Jude é un director e guionista romanés recoñecido pola súa mirada crítica e irreverente sobre a historia e a sociedade contemporánea. Coa curtametraxe O tubo co sombreiro (2006) gañou máis de cincuenta premios internacionais. A estrea d’A nación morta en Locarno en 2017 marcou o seu debut no cinema documental. Non me importa se pasamos á historia como bárbaros (2018) obtivo o Globo de Cristal á mellor película e o Premio Europa Cinemas Label en Karlovy Vary. A súa longametraxe Bad Luck Banging or Loony Porn (2021) gañou o Oso de Ouro na Berlinale. Con Non esperes demasiado do fin do mundo (2023) acadou galardóns en festivais como Locarno e Xixón, ademais de ser candidata de Romanía aos Óscar 2024.
Oso de Prata ao Mellor Guión na Berlinale 2025
Sección Oficial no Festival de Xixón