CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
KOI NO TSUMI / GUILTY OF ROMANCE / O ROMANCE E A CULPA (2011)
Sion Sono
Xapón / 144 min / Ficción / Xaponés
Ficha artística:
Miki Mizuno, Makoto Togashi, Megumi Kagurazaka
Ficha técnica:
Guión: Sion Sono
Fotografía: Sôhei Tanikawa
Edición: Jun'ichi Itô
Produción: Yoshinori Chiba, Nobuhiro Lizuka, Naoko Komuro, Toshimichi Ôtsuki, Kanjirô Toba
Sinopse:
Na zona dos motéis do amor de Shibuya, en Toquio, aparece o cadáver mutilado dunha muller. Mentres a detective Kazuko inicia a investigación, outra historia emerxe: Izumi, muller dun novelista de éxito, vive unha existencia anódina. Farta da rutina, acepta traballar como modelo erótica, cae no abismo do sexo comercial e entra no mundo da prostitución da man de Mitsuko, profesora de día e escort de noite. En Guilty of romance, Sion Sono mestura crime, sexo e identidade nun thriller erótico desacougante sobre os límites da liberdade, a culpa e o desexo.
Mellor Filme nos Premios Kinema Junpo 2012