CINEUROPA | ANIMAEUROPA
Masaaki Yuasa
Xapón / 94 min. / Fantástico, romance, drama / Xaponés
Ficha artística:
Minato Hinageshi, Ryōta Katayose, Hinako Mukaimizu, Rina Kawaei, Yōko Hinageshi, Honoka Matsumoto, Wasabi Kawamura, Kentarō Itō
Ficha técnica:
Guión: Reiko Yoshida
Música: Michiru Oshima
Fotografía: Toru Fukushi
Sinopse:
Cando entra na universidade, Hinako múdase a unha cidade costeira onde coñece a Minato, un bombeiro entregado a axudar os demais. A moza goza do seu pasatempo favorito, o surf, mentres inicia unha relación cada vez máis próxima con Minato. Por desgraza, unha inesperada traxedia arrebata a vida do mozo e ela fica completamente devastada. Incapaz mesmo de mirar o seu querido mar, un día, Hinako canta a canción de ambos e Minato aparéceselle en forma de auga para cumprir a promesa de seguir a protexela. Ela está feliz de volver a telo ao seu lado, pero, poderán permanecer así xuntos para sempre?
2019: premio ao mellor filme de animación no Festival Internacional de Shanghai
2019: premio ao mellor filme de animación no Festival de Sitges