JULES ET JIM / JULES E JIM

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

AS COUSAS DO QUERER

JULES ET JIM / JULES E JIM (1962)

François Truffaut

Francia / 104 min / Ficción / Francés

Ficha artística:

Jeanne Moreau, Oskar Werner, Henri Serre, Marie Dubois, Vanna Urbino

Ficha técnica:

Guión: François Truffaut, Jean Gruault. Baseado na novela de Henri Pierre Roché

Fotografía: Raoul Coutard

Edición: Claudine Bouché

Produción: Marcel Berbert, François Truffaut

Sinopse:

Dous amigos inseparables, o austríaco Jules e o francés Jim, comparten unha mesma paixón pola vida, pola arte e, finalmente, pola mesma muller: Catherine, espírito libre e inconstante que cambiará para sempre as súas existencias. A través das súas relacións, Jules et Jim converteuse nunha das grandes historias de amor e amizade do cinema, símbolo da Nouvelle Vague e retrato inesquecible da liberdade e da fugacidade dos sentimentos.

 

Duración: 
104 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convite


Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

INFO XERAL ENTRADAS

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Luns, 10 Novembro, 2025
16:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA

Jules y Jim trailer