CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
JOSEPHINE (2026)
Beth de Araújo
Estados Unidos / 121 min / Inglés
Ficha artística:
Mason Reeves, Channing Tatum, Gemma Chan, Philip Ettinger, Syra McCarthy, Eleanore Pienta
Ficha técnica:
Guión: Beth de Araújo
Fotografía: Greta Zozula
Edición: Anisha Acharya, Nico Leunen e Kyle Reiter
Produción: Joshua Beirne-Golden, Gemma Chan, Beth de Araújo, David Kaplan, Emanuel Nunez, Josh Peters, Jordan Rapaport, Mark H. Rapaport, Marina Stabile, Channing Tatum e Crystine Zhang
Sinopse:
Josephine, unha nena de oito anos, presencia accidentalmente unha violación nun parque de San Francisco. Incapaz de comprender o sucedido e de recuperar a sensación de seguridade, comeza a manifestar comportamentos violentos e paranoicos. Mentres o trauma altera a súa vida e a da súa familia, os seus pais tentan axudala a afrontar o ocorrido e atopar unha maneira de recuperar a confianza nun mundo que xa non percibe como seguro.
Beth de Araújo é unha cineasta e guionista estadounidense de orixe brasileira e chinesa. Foi incluída na lista de Filmmaker Magazine das 25 novas voces do cinema independente. A súa primeira longametraxe, O club do odio (2022), estreouse no festival SXSW e valeulle unha candidatura ao premio Gotham á dirección revelación.
GRAN PREMIO DO XURADO E O PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL DE SUNDANCE 2026
PREMIO DE CINEMA E INFANCIA RTVE & UNICEF ESPAÑA NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2026