SECCIÓN EUROPEA
SAB 7, 17:15 | SALÓN TEATRO
DOM 8, 20:30 | TEATRO PRINCIPAL
Aurel
Francia, España, Bélxica / 80 min. / Animación / Francés, castelán, catalán
Ficha artística:
Sergi López, Emmanuel Vottero, Valerie Lemercier, David Marsais, Xavier Serrano
Ficha técnica:
Guión: Jean-Louis Milesi
Música: Sílvia Pérez Cruz
Edición: Thomas Belair
Produción: Serge Lalou, Jordi B. Oliva.
Febreiro, 1939. Abafado pola vaga de republicanos que foxen da ditadura de Franco, o goberno francés opta por confinar aos españois en campos de concentración. Nun daqueles campos, dous homes, separados por un arame de espiños, traban unha amizade. Un deles é Josep Bartoli, un debuxante que loita contra o réxime de Franco.
Aurel
(Ardèche, Francia, 1980)
Aurel é ilustrador. Traballa para Le Monde e Le Canard Enchaîné. Publicou unha vintena de libros, incluídos dous cómics documentais, Clandestino e La Menuiserie, e elaborou numerosos traballos gráficos para diversos medios de prensa franceses. En 2011, codirixiu con Florence Corre Octobre Noir, a súa primeira curtametraxe. Josep é a súa primeira longametraxe.