PROGRAMA
Ensemble (2)
Inés Badalo (1989): Iridiscencia (2018/19)
Philip Cashian (1963): Concerto de Cámara (1995) (Estrea en España)
Alicia Díaz de la Fuente (1967): Los acantilados de Jaizkibel, para frauta solista e orquestra de cámara (Estrea en España. Encargo da JONDE)
Péter Eötvös (1944): Stein (2006)
Antes do concerto... CARTOGRAFÍA DO PLURAL, comentarios ao programa con Rosa Fernández (de 19.30 a 20.15 h)
PROXECTO ENSEMBLE DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA
Equipo académico/artístico:
Fabián Panisello, director
Pablo Rus Broseta, director asistente
Ema Alexeeva, violín
Mikolaj Konopelski, violonchelo
Rui Borges, frauta
Antonio Lapaz, clarinete
Elies Moncholi, trompa
Juan Carlos Matamoros, trombón
César Peris, percusión
Andrés Gomis, saxofón
Joven Orquesta Nacional de España
A Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), pertencente ao Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte), foi creada en 1983 co propósito de formar ao máis alto nivel a músicos españois na etapa previa ao exercicio da súa profesión. O seu obxectivo prioritario é o perfeccionamento profesional e artístico dos seus músicos a través do estudio e a práctica do repertorio universal sinfónico e de cámara, por medio da celebración de varios Encontros anuais. Estes Encontros son tutelados por profesores e dirixidos por directores de recoñecido prestixio nacional e internacional, e culminan coa celebración de xiras de concertos, e a gravación dun xa extenso catálogo de CD’s e DVD’s. Ao longo dos seus 39 anos de vida, a JONDE contou con directores invitados como Carlo Maria Giulini, Vasily Petrenko, Jakov Kreizberg, Gianandrea Noseda, Christopher Hogwood, Fabio Biondi, Christian Zacharias, Jesús López-Cobos, Juanjo Mena, Josep Pons, Paul Goodwin, Gunther Schuller, Peter Rundel, Antoni Ros Marbá, Víctor Pablo, Frühbeck de Burgos, Pablo González, Alberto Zedda, Arturo Tamayo, Günter Pichler, Lutz Köhler, Bruno Aprea, Cristóbal Halffter, Krysztof Penderecki ou Edmon Colomer, entre outros, e colaborado con solistas como Mstislav Rostropovich, Christian Zacharias, Deszö Ranki, John Williams, Teresa Berganza, Juan Diego Flórez, Manuel Blanco, María Bayo, Pablo Sainz Villegas, Rafael Orozco o Asier Polo, entre moitos outros. A JONDE presentouse en numerosos auditorios e festivais españois, como os de Santander e Granada, a Semana de Música Religiosa en Cuenca, o Palau de la Música de Valencia, nas tempadas da Orquesta Nacional de España (ONE), a Orquesta Sinfónica de Barcelona y Nacional de Catalunya (OBC), a Orquesta Filarmónica de Gran Canaria (OFGC) e no ciclo “Orquestas del Mundo” de Ibermúsica, entre outras. É destacable a súa colaboración co Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM), co Festival Internacional de Música de Alacante e a tempada do Auditorio de Zaragoza. A proxección no estranxeiro da JONDE abarcou nestes anos xiras por Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Reino Unido, Austria, Portugal, Luxemburgo, Holanda, Rusia, Ucraína, Estonia, Romanía, Hungría, Estados Unidos, Venezuela e República Dominicana, actuando en salas de concertos como Carnegie Hall (Nova York), Royal Albert Hall (Londres), Concertgebouw de Ámsterdam, Théatre des Champs Elysées (París), Filharmónica e Konzerthaus am Gendarmenmarkt de Berlín, Filharmónica de San Petersburgo, Radio Kulturhaus de Viena, Kongress Palais – Stadthalle Kassel e o Ateneo Romanés de Bucarest. Así́ mesmo, a JONDE foi invitada a festivais internacionais como o BBC Proms (Londres), Schleswig-Holstein Musik Festival (Salzau, Alemaña), Festival Young Euro Classic (Berlín), Robecco Zomerconzerten (Ámsterdam), World Expo Hannover (Alemaña), Expo Lisboa’98 (Portugal), Festival Kultursommer Nordhessen (Kassel, Alemaña), Varā Magica Festival (Bucarest), Festival Enescu Şi Muzica Lumii (Sinaia, Romanía), Aberdeen International Youth Festival (Reino Unido), Chester Summer Music Festival (Reino Unido), Festival España-Venezuela (Caracas), Touquet International Music Masters (Francia), Festspiele Mecklenburg-Vorpommern, Musikfestspiele Saar, Opernfestspiele Schloss W eikersheim, estes últimos en Alemaña. Ao longo da súa traxectoria, a JONDE ten desenvolvido numerosos proxectos complementarios á súa actividade principal, como as Academias de Música Barroca ou Música Contemporánea, a figura de Compositor en Residencia, o encargo de obras a novos compositores a través da Fundación SGAE e a Asociación Española de Orquestas Sinfónicas (AEOS), e a participación en programas de intercambio de músicos, especialmente a través da European Federation of National Youth Orchestras (EFNYO) e os Sistemas de Orquestas Juveniles Hispanoamericanos (Programa Iberorquestas). Entre os seus colaboradores e patrocinadores teñen contado co apoio das Fundacións BBVA, Caja Madrid, Hazen e Coca-Cola. A JONDE foi dirixida por Edmon Colomer (1983-1995), Llorenç Caballero (1996-2000) e polo compositor José Luis Turina (2001 – 2019). Desde o 1 de marzo de 2020, a Directora Artística da JONDE é a violinista e pedagoga española Ana F. Comesaña Kotliarskaya.