CINEUROPA
LATIDOAMERICANO
JESÚS LÓPEZ (2021)
Maximiliano Schonfeld
Arxentina, Francia / 87 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Lucas Schell, Joaquín Spahn, Sofía Palomino, Alfredo Zenobi, Paula Ransenberg, Romina Pinto, Benigno Lell
Ficha técnica:
Guión: Selva Almada, Maximiliano Schonfeld
Fotografía: Federico Lastra
Edición: Ana Remón
Produción: Murillo Cine, Luz Verde, INCAA
Sinopse:
Jesús López, un piloto de carreiras, morre accidentalmente e os veciños da súa localidade quedan conmocionados. O seu curmán Abel, un adolescente sen rumbo, séntese aos poucos tentado a ocupar o seu lugar. Instálase cos pais de Jesús, viste a súa roupa, sae cos seus amigos e coa súa exmoza... Ao primeiro a xente acéptao e a Abel gústalle este papel. Pero a semellanza co seu curmán vólvese desacougante, ata o punto de que acaba transformándose en Jesús López. Na vila organízase unha carreira en homenaxe a Jesús. Animado polo espírito do seu curmán, Abel conduce o coche do defunto. O resultado desta carreira determinará se a transformación se volve ou non definitiva.
Mellor película iberoamericana no Festival de Mar del Plata 2021