JESÚS CASTRO YÁÑEZ

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C (toda a programación aquí)

ALAMEDA (ESTATUA DE LORCA)

‘SEGUIR UN RASTRO’

JESÚS CASTRO YÁÑEZ

OS FÍOS, AS SEMENTES

POESÍA

 

Que é o que fai que as palabras almacenen historia, e cales son os residuos que deixan?

Como unha forma de rebuscar no lixo, ou de taseomancia da linguaxe, Jesús Castro tratará de ver que é o que se gaña e o que se perde cando se fala.

 

Jesús Castro Yáñez (Baltar, A Pastoriza, 1992)

Poeta, autor de Os nomes e os himnos (Espiral Maior, 2016), libro co que gañou o Premio de Poesía Pérez Parallé, e Ultramarino (Chan da Pólvora Editora, 2017), obra na que se mesturan e dialogan poesía e imaxe. A mestura de imaxe, son e voz é algo habitual nos seus recitais, dacabalo das artes performativas.

No ano 2021 publicou Campo de plumas (Sushi Books), antoloxía poéTIca LGBT+ que coordinou e traduciu, e nos próximos meses verá a luz a súa tradución ao galego do poemario de Anne Carson The Anthropology of Water.

 

OS FÍOS, AS SEMENTES

POESÍA

Baixo o título “Os fíos, as sementes” presentamos catro propostas poéticas nas que a poesía é, ademais dunha experiencia artística, tamén un vehículo para contarnos historias. Unha serie de catro recitais, os días 10, 17, 24 e 31 de agosto de 2022, con formatos moi distintos pero todos eles pensados para desenvolverse ao aire libre.

Alicia Fernández, Berta Dávila, Jesús Castro Yáñez, Isaac Xubín e Cintaadhesiva estarán a cargo destes recitais nos que poderemos oír voces diversas, acompañadas de instrumentos musicais e outros aparellos, trenzadas a versos nuns recitais pensados para ser performados no exterior ante un público diverso.

Entradas: 

ACCESO LIBRE

Funcións: 
Mércores, 17 Agosto, 2022
20:00
Alameda