CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
JE, TU, IL, ELLE / EU, TI, EL, ELA (1974)
Chantal Akerman
Bélxica, Francia / 86 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Chantal Akerman, Niels Arestrup, Claire Wauthion
Ficha técnica:
Guión: Chantal Akerman
Fotografía: Bénédicte Delesalle, Renelde Dupont, Charlotte Szlovak
Edición: Luc Fréché, Geneviève Luciani
Produción: Chantal Akerman
Sinopse:
Baseado nun texto que a propia cineasta escribiu en París en 1968, o filme estrutúrase en tres tempos: o da subxectividade, o do outro e o da relación. A protagonista, interpretada pola propia Akerman, é unha muller illada que repite xestos e rutinas nun espazo baleiro ata que decide saír ao exterior e reencontrarse cunha antiga amante. Je, tu, il, elle propón unha exploración radical da soidade, o corpo e o desexo, cunha posta en escena austera e intensamente persoal.