"A música que interpreto nesta nova xira fala dos nosos mundos internos e externos. Dende a interioridade de Beethoven e a espiritualidade de Chopin ata o alegre e grandilocuente mundo de Bach, mergullarse no mundo destes grandes compositores e bríndanos unha oportunidade única para fuxir da tolemia do mundo que nos rodea e recargarmos un pouco as pilas”.
Carismático, visceral e moi talentoso, James Rhodes asegura que Bach lle salvou a vida. Así o explicou no limiar do seu primeiro libro, “Instrumental. Memorias de música, medicina e tolemia” (7ª edición, máis de 100.000 exemplares vendidos) co que acadou un enorme e inesperado éxito.
Rhodes converteuse nun dos maiores divulgadores da música clásica no mundo grazas ás súas xiras por todo tipo de festivais e salas, e por varios documentais sobre a súa figura filmados coa complicidade de canles de televisión británicas.
O seu libro máis recente “ Fugas”. “Fire on all sides” na súa versión orixinal- repasa unha das súas xiras máis importantes, e recolle as vivencias, medos e derivas emocionais do seu día a día, sempre rodeado da música que tanto ama.
Reverenciado pola crítica polo seu estilo irreverente e innovador, Rhodes aporta un toque moi persoal ás súas interpretacións. E a súa actuación este ano en Santiago de Compostela promete ser máxica e non deixar indiferente a ninguén.
Programa:
L van Beethoven: Sonata in D minor Op 28 ‘Pastoral’
F Chopin: Nocturne in C minor Op 48/1
JS Bach arr F Busoni: Toccata, Adagio & Fugue in C BWV 564