CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS · FANTASTIQUE COMPOSTELA
JAM / SLEEP (2023)
Jason Yu
Corea do Sur / 95 min / Ficción / Coreano
Ficha artística:
Lee Sun-kyun, Jung Yu-mi
Ficha técnica:
Guión: Jason Yu
Fotografía: Tae-soo Kim
Edición: Meeyeon Han
Produción: Yu Jin Shin
Sinopse:
Unha muller embarazada preocúpase polos hábitos de sono do seu home. O que comeza como un lixeiro somnambulismo, axiña se converte nun comportamento sorprendentemente ameazador e grotesco. Logo de consultar cunha clínica do sono sen éxito, a parella buscará desesperada a axuda dun xamán. Terror claustrofóbico e doméstico nunha das grandes sensacións da pasada Semana da Crítica de Cannes.
Jason Yu (Seúl, Corea do Sur). Comeza a cultivar o seu interese pola narración nas clases de escritura creativa da universidade. Consome innumerables películas durante os seus anos de servizo militar, consolidando aínda máis o seu amor polo oficio. Fórmase como asistente de dirección de Bong Joon-ho e realiza traballos puntuais para Lee Chang-don. Sleep é a súa ópera prima.
Semana da Crítica de Cannes 2023
Sección Oficial do Festival de Sitges 2023