CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
ITT ÉRZEM MAGAM OTTHON / FEELS LIKE HOME / COMO NA CASA (2025)
Gábor Holtai
Hungría / 125 min / Ficción / Húngaro
Ficha artística:
Rozi Lovas, Áron Molnár, Tibor Szervét, Dorka Gryllus
Ficha técnica:
Guión: Attila Veres
Fotografía: Dániel Szőke
Edición: Gábor Holtai
Produción: Ádám Farkas, Péter Fülöp, Zoltán Mártonffy
Sinopse:
Unha muller é secuestrada por unha familia delirante que está convencida de que é a súa filla desaparecida. Para sobrevivir, vese obrigada a seguirlles o xogo mentres procura desesperadamente unha saída a ese pesadelo.
Gábor Holtai é un director húngaro que reparte o seu tempo entre a dirección de series de televisión, traballos publicitarios e o desenvolvemento de proxectos tanto en Hungría como no Reino Unido. O éxito da súa curtametraxe Second round (2020) confirmou o seu interese polo cinema de xénero e consolidouno como unha das voces emerxentes do thriller e do terror europeo. No seu traballo combina unha posta en escena visualmente precisa cun humor escuro e unha clara preocupación polas cuestións sociais. Feels like home é a súa estrea na longametraxe.
Premio Méliès de Prata á Mellor Película de Xénero Fantástico no Festival de Sitges 2025