ITINERARIO ISAAC DÍAZ PARDO

DATOS BÁSICOS

A través de diversos lugares de Compostela ligados á súa vida, iremos coñecendo a biografía e traxectoria de Isaac Díaz Pardo, compostelán de nacemento e unha das figuras máis relevantes da nosa historia recente. A rúa das Hortas, a praza do Obradoiro, o Teatro Principal ou a galería Sargadelos son algúns destes espazos que gardan para a memoria da cidade un anaquiño de Isaac Díaz Pardo. Con motivo da conmemoración do seu nacemento o 22 de agosto de 1920, a Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural realizará durante o mes de agosto este itinerario de homenaxe ao ilustre compostelán.

Para participar será preciso inscribirse previamente enviando un correo a paseos.compostela@maos.gal, cun máximo de 15 persoas por sesión e uso de máscara obrigatorio.

 

 

Duración: 
1h
Información da billeteira: 

Actividade gratuíta. Inscrición obrigatoria a través do correo electrónico paseos.compostela@maos.gal

Funcións: 
Sábado, 1 Agosto, 2020
19:30
Varios lugares
Domingo, 2 Agosto, 2020
12:00
Varios lugares
Domingo, 2 Agosto, 2020
19:30
Varios lugares
Xoves, 6 Agosto, 2020
19:30
Varios lugares
Venres, 7 Agosto, 2020
19:30
Varios lugares

UBICACIÓN