ISRAEL GALVÁN · SOLO

DATOS BÁSICOS

A NOITE DO PATRIMONIO * ESCENA PATRIMONIO 

O bailaor Israel Galván, coñecido mundialmente polas súas aproximacións innovadoras ao flamenco e Premio Nacional de Danza, presenta en Compostela 'Solo', un espectáculo no que explora as posiblidades da danza libre de artificios. Solo é unha reflexión personalísima do baile flamenco, onde o único instrumento é o bailaor, co seu corpo a bater contra o chan que pisa. 

"Vicente Escudero concibe a idea de bailar sen música pero, doutra banda, é algo intrínseco ao flamenco porque a música é o propio corpo do bailaor. E concíbeo trinta anos antes de que Merce Cunningham faga a gran revolución de bailar sen música. E cando el se presenta en Nova York nos anos trinta con ritmos sen música, a crítica celébrao moitísimo. Logo pasan cousas, Vicente Escudero volve a España, desaparece, pero alí celébrano como algo impresionante, un artista moi radical. O bailarín preséntase como o dono do seu espazo, que é algo moi importante na modernidade, e que xa non depende nin sequera da música para construír o seu traballo sobre o escenario. Esa que é unha das grandes revolucións da danza despois da segunda Guerra Mundial, faina antes un flamenco. E por riba, iso forma parte da idiosincrasia do propio flamenco. Darse conta diso é o que fai que Israel non note complexos, que poida falarlle aos artistas modernos de ti a ti. En 2007 estivo no Guggenheim de Bilbao con Sol Picó e danza moderno. Teño amigos especialistas de danza que non o viron nunca e chamáronme como dicindo “este tío molloulles a todos as orellas”. Todos os demais que eran os supostos modernos, parecían ao seu lado arcaicos.  (Pedro G. Romero)

ISRAEL GALVÁN

Fillo dos bailaores sevillanos José Galván e Eugenia dos Reyes, Israel Galván desde os cinco anos vive de maneira natural os ambientes de tablaos, festas e academias de baile aos que acompaña ao seu pai. Pero non é ata 1990 que atopa a súa vocación polo baile. En 1994 entrou a formar parte da recentemente creada Compañía Andaluza de Danza dirixida por Mario Maya, e arranca unha traxectoria imparable balizada de importantes premios do flamenco e a danza tanto a nivel estatal como internacional. Realizou numerosas colaboracións en proxectos de moi distinta índole e con artistas moi dispares, entre os que destacan como referentes na súa carreira Enrique Morente, Manuel Soler e Mario Maya, sen esquecer a Sol Picó, Pat Metheny, Vicente Amigo, Alfredo Lagos, Manuela Carrasco, Lagartija Nick, Fernando Terremoto, Miguel Poveda, Diego Carrasco, Gerardo Nuñez, Belen Maya, Chicuelo, Joan Albert Amargós, Diego Amador, Arcanxo, Inés Bacán, Estrella, Niño de elche, Morente…   En 1998 presentou ¡Mira! / Los Zapatos Rojos, primeira creación da súa propia compañía, encomiada por toda a crítica especializada como unha xenialidade, supuxo unha revolución na concepción dos espectáculos flamencos. Desde entón sucédense: La Metamorfosis (2000), Galvánicas (2002), Arena (2004), La Edad de Oro (2005), Tábula Rasa (2006), Solo (2007), El Final de este estado de cosas, Redux (2008), La Curva (2010), Lo Real / Le Réel / The Real (2012), FLA.CO.MEN (2013), TOROBAKA con Akram Khan (2015), La Fiesta (2017), Gatomaquia con el Circo Romanès en Paris (2018), e en 2019, ano moi prolífico : Israel & Israel; El Amor Brujo de De Falla; Mellizo Doble; La Consagración de la Primavera. En 2021 durante a pandemia crea a curtametraxe Maestro de Barra que é premiado con 2 Bessie Awards. Entre os seus proxectos máis recentes figuran o espectáculo Seises, polo festival Grec de Barcelona coa Escolania de Monserrat e Ri Te con Marlene Monteiro Freitas, un duo para o Festival d’Automne en Paris (2022). 

Israel Galván é un artista asociado do Théâtre da Ville de París.

 

Duración: 
45 min
Entradas: 
  • Acceso libre sen necesidade de reserva
Funcións: 
Sábado, 14 Setembro, 2024
20:00
Casa das Máquinas
MULTIMEDIA

Un viaje extraordinario a Santiago de Compostela