ISAAC XUBÍN

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C (toda a programación aquí)

ALAMEDA (ESTATUA DE LORCA)

‘NON TODO SERÁ SILENCIO’

ISAAC XUBÍN

OS FÍOS, AS SEMENTES

POESÍA

 

Non todo será silencio é unha proposta multidisciplinar de Isaac Xubín. A música e as pequenas historias únense aos versos para enfiar un exercicio de memoria persoal. Os poemas, propios e alleos, dialogan e revelan unha paisaxe en que escollas e casualidades semellan confundirse.

 

Isaac Xubín (A Coruña, 1978)

Poeta, narrador e traductor. Conta no seu haber con tres poemarios e dúas novelas. Con gume de folla húmida foi premio Lorenzo Baleirón en 2010; e A cadencia da fractura (Xerais, 2017), premio de poesía Manuel Lueiro Rey. Ten unha longa traxetoria como traductor desde o vasco, o inglés, o catalán e o español ao galego. Elaborou o dicionario bilingüe galego-éuscaro e recibiu os premios de tradución Loís Tobío (2013) e Etxepare (2015). As linguas e a experiencia derivada de vivir entre elas é unha parte fundamental da súa poesía.

 

OS FÍOS, AS SEMENTES

POESÍA

Baixo o título “Os fíos, as sementes” presentamos catro propostas poéticas nas que a poesía é, ademais dunha experiencia artística, tamén un vehículo para contarnos historias. Unha serie de catro recitais, os días 10, 17, 24 e 31 de agosto de 2022, con formatos moi distintos pero todos eles pensados para desenvolverse ao aire libre.

Alicia Fernández, Berta Dávila, Jesús Castro Yáñez, Isaac Xubín e Cintaadhesiva estarán a cargo destes recitais nos que poderemos oír voces diversas, acompañadas de instrumentos musicais e outros aparellos, trenzadas a versos nuns recitais pensados para ser performados no exterior ante un público diverso.

Entradas: 

ACCESO LIBRE

Funcións: 
Mércores, 24 Agosto, 2022
20:00
Alameda