IO E TE/ ME AND YOU/ TI E EU

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA 40 ANOS

IO E TE / ME AND YOU / TI E EU (2012)

Bernardo Bertolucci

Italia / 103 min / Italiano

Ficha artística:

Jacopo Olmo Antinori, Tea Falco, Sonia Bergamasco, Veronica Lazar, Tommaso Ragno

Ficha técnica:

Guión: Niccolò Ammaniti, Bernardo Bertolucci, Francesca Marciano e Umberto Contarello. Baseado na novela homónima de Niccolò Ammaniti

Fotografía: Fabio Cianchetti

Edición: Jacopo Quadri

Produción: Mario Gianani, Lorenzo Mieli e Olivia Sleiter

Sinopse:

Lorenzo, un adolescente introvertido de catorce anos, finxe que vai pasar unha semana de vacacións na neve cos seus compañeiros, pero en realidade agáchase no soto do edificio onde vive para gozar da soidade. Os seus plans altéranse coa chegada inesperada de Olivia, a súa medio irmá maior, que tamén busca refuxio nese espazo. Durante os días que pasan xuntos, ambos os dous enfróntanse aos seus conflitos persoais e ás dificultades das súas relacións familiares.

 

Duración: 
103 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Martes, 10 Novembro, 2026
20:15
Salón Teatro
MULTIMEDIA