A INVASIÓN DOS LADRÓNS DE CORPOS

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C · CINEMA DE VERÁN

NUMAX 

A INVASIÓN DOS LADRÓNS DE CORPOS

(Invasion of the Body Snatchers, Don Siegel,1956, 80 minutos, VOSE)
Con Kevin Mccarthy, Dana Wynter, Larry Gates, Carolyn Jones

O protagonista é Miles Bennel, un doutor que empeza a notar comportamentos estraños nos habitantes da súa pequena vila: varias persoas aseguran que os seus familares «xa non son eles mesmos». Aos poucos decobre que uns seres extraterrestres están a reemprazar os humanos por duplicados carentes de emocións.

Filme de culto da Serie B norteamericana que será proxectada en versión orixinal inglesa subtitlada ao español.

A idade recomendada son os 12 anos e diante.


AVISO: Cambio de localización!

Por mor da previsión de choiva, esta sesión de Cinema ao aire libre inicialmente programada na rúa Concepción Arenal trasládase á Casa das Máquinas. 

Duración: 
100 min (aprox)
Acceso: 
  • Acceso libre até esgotar prazas
  • Para público adulto
  • Lingua: proxección en VOSE. Presentacións e coloquio en galego

AVISO: Cambio de localización!

Por mor da previsión de choiva, esta sesión de Cinema ao aire libre inicialmente programada na rúa Concepción Arenal trasládase á Casa das Máquinas. 

Info práctica: 
Martes, 25 Agosto, 2026
21:45
Casa das Máquinas