INTEMPESTIVA / ELAHOOD

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

 

Idade recomendada: todos os públicos

Duración: 15 min

 

Intempestiva é a nova proposta escénica da compañía de danza urbana Elahood. Inspirada na obra e na figura de Xela Arias, Intempestiva é un espectáculo de 15 minutos de duración para espazos non convencionais. Conta con Julia Laport e Sabela Domínguez na coreografía e interpretación e con Gena Baamonde na dramaturxia escénica.

 

Traslada as verbas de Xela Arias aos corpos de Elahood nunha viaxe compartida coas audiencias, dende unha ollada feminina desbordada no movemento e na danza. Sempre nas marxes, oprimidas e con falta de espazos e oportunidade de mostras a nosa identidade real. Intempestiva é a tempestade que nos asoballou de golpe e á que agora lle plantamos cara.

Duración: 
15 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 29 DE XULLO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462 (HORARIO DE AGOSTO: de martes a sábado, de 11 a 14 h)
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Luns, 30 Agosto, 2021
20:00
Parque de Bonaval