CINEUROPA · 40D
INFANCIA CLANDESTINA (2012)
Benjamín Ávila
Arxentina, España, Brasil / 112 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Natalia Oreiro, César Troncoso, Ernesto Alterio, Teo Gutiérrez Moreno
Ficha técnica:
Guión: Benjamín Ávila, Marcelo Müller
Fotografía: Iván Gierasinchuk
Edición: Gustavo Giani
Produción: Maximiliano Dubois, Tania Balló
Sinopse:
Despois de vivir no exilio, Juan, un neno de doce anos, regresa coa súa familia a Arxentina, onde aínda goberna a Xunta Militar. Na súa vida clandestina, ten outro nome ao igual que toda a súa familia. Juan tamén se chama Ernesto. No barrio e na escola coñéceno así pero na súa casa é simplemente Juan. Estes dous mundos, Juan e Ernesto, conviven, coliden e retro-aliméntanse até un punto no que Juan non poderá sostelo máis e quererá comezar a súa propia clandestinidade co seu grande amor María, unha nena que coñece na escola.
Candidata ao mellor filme latinoamericano nos Goya 2013
Seleccionada na Quincena dos Realizadores no Festival de Cannes 2012