A Zona "C" acolle a última das intervencións que foron seleccionadas, na segunda edición, por un grupo de expertos baixo a denominación de Proxectos de intervención artística ven nutrindo a programación da Zona 'C': Amine Ansselman, Olalla Castro e Nicoleta Moise, Marcos Covelo, Aarón Sanromán e agora a artista Alejandra Pombo que co proxecto 'Perencontro' (a través do encontro) convidanos a visitar de novo este espazo.
Alejandra poñerá as condicións para dar lugar ao Perencontro con dous artistas invitados para a ocasión deste proxecto: Mårten Spångberg e Josu Bilbao.
Alejandra Pombo (Santiago de Compostela, A Coruña, 1979). Doutora en belas artes cunha tese sobre os paradoxos e efectos da introdución da noción de performance no campo da arte. O o seu traballo artístico atópase na fronteira das artes visuais, o cinema e as artes en vivo para explorar o concepto de presenza a través de diferentes aproximacións. Actualmente, o seu traballo céntrase na realización de películas nas que xa non só experimenta o modo de realizalas senón tamén o modo de dalas a ver.