IL PORTIERE DI NOTTE / O PORTEIRO DE NOITE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

AS COUSAS DO QUERER

IL PORTIERE DI NOTTE / O PORTEIRO DE NOITE (1974)

Liliana Cavani

Italia / 118 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Dirk Bogarde, Charlotte Rampling, Philippe Leroy

Ficha técnica:

Guión: Liliana Cavani, Italo Moscati

Fotografía: Alfio Contini

Edición: Franco Arcalli

Produción: Esa De Simone, Robert Gordon Edwards, Joseph E. Levine, Paola Tallarigo

Sinopse:

Viena, 1957. Nun hotel decadente, Max, antigo oficial das SS que agora traballa como porteiro, recoñece entre os hóspedes a Lucia, a esposa dun director de orquestra. Anos atrás, ela fora unha adolescente internada nun campo de concentración, onde ambos mantiveran unha relación marcada pola humillación, a dependencia e un inquietante vínculo entre o desexo e o poder. O reencontro, lonxe de pechar as feridas do pasado, reaviva a súa enfermiza complicidade e mergúllaos de novo nunha paixón autodestrutiva.

 

Duración: 
118 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convite


Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

INFO XERAL ENTRADAS

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 13 Novembro, 2025
22:30
Salón Teatro
MULTIMEDIA

The Night Porter (1974) Trailer