IL GIARDINO DELLE DELIZIE / O XARDÍN DAS DELICIAS (1967)

DATOS BÁSICOS

MORRICONE, ESE DESCOÑECIDO

SAB 14, 12:30 | AUDITORIO (SALA MOZART)

Silvano Agosti
Italia / 72 min. / Experimental / Italiano

Ficha artística:
Maurice Ronet, Ida Galli, Lea Massari, Ida Galli

Ficha técnica:
Guión: Silvano Agosti
Fotografía: Aldo Scavarda
Música: Ennio Morricone
Produción: Doria

Unha cerimonia, unha noite de vodas, unha habitación de hotel, un inodoro que perde auga. Un home, unha muller... e outra muller. Lembranzas que florecen, temores que xorden. As primeiras horas dun matrimonio, o comezo do inferno. Carlo e Carla están de lúa de mel. Ela está embarazada de tres meses, el, furioso por un matrimonio imposto pola conveniencia, lembra o pasado e reflexiona sobre O xardín das delicias de El Bosco. Película fortemente censurada en Italia. Da súa duración orixinal (95 min) só se conservan 72 minutos.
 

Duración: 
95 MIN
Entradas: 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 14 Novembro, 2020
12:30
Auditorio de Galicia