III FORO NEGRO DA CULTURA

DATOS BÁSICOS

Hai 15 anos tiña lugar o I Foro Negro da Cultura Encontro de denuncia e alternativas culturais. Neste tempo moitos son os cambios nos parámetros culturais que conforman hoxe a nosa comunidade, sen embargo as eivas, as propostas, as denuncias e os conflitos seguen a ser precupadamente similares. De cara a afrontar a terceira edición, dous son os cocenptos claves: cambio e transformación.

No I Foro reinvindicábase a necesidade dun cambio na forma  de organizar a cultura, as súas relacións de poder, os seus contidos e a súa estrutura comunitaria. Máis o cambio é o factor indispensables para o mantemento dun sistema. Polo contrario a transformación esixe unha muda radical dos parámetros do sistema. Para que esta muda sexa posible no III Foro Negro sustituirase a denuncia a a alternativa pola afectividade, a transcendencia e o ritual. E o momento de convocar as forzas escuras da  nosa cultura, aceptalas e máis alá de crear para elas un relatao alternativo a tarefa será atopar o ritual capaz de dar tránsito a unha nova forza vital para formas culturais máis complexas e inclusivas que garantan unha supervivencia digna.

No Auditorio de Galicia celebrarase unha xornada que terá como formato o tránsito ritual entre a vida ou a actividade produtiva do sistema cultural e a morte como acontecemento antropolóxico en si mesma e como metáfora da fin de determinados discursos sobre a totalidade, iniciativas históricas, proxectos e afectos  invertidos en cultura no noso contexto nos últimos tempos, que necesitas urxentemente dun rito funerario –unha forma estética xeradora de comunidade en definitiva– que permite honralos como merecen, acudir ao seu legado con garantías e coñecer da man da súa experiencia de ánimas as posibilidades dun máis alá que dende a chamada que xa fixera Manuel Antonio hai agora un século está por vislumbrar (...)

Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra

 

A XORNADA

10.00 a 12.00 h Tránsito: denuncia ou confesión. Elección entre a denuncia de malas prácticas ou a confesión do exercicio das mesmas. Os participantes serán unxidas/os coa "extrema unción".

10.30 a 12.30 h Limbo: espiritismo, obradoiro vudú, grimorio, abellón, punto informativo (contenidos charla previa), espazo aberto, laboratorio esquizoanalise.

13.00 a 14.00 h Preforo. Recollida e presentación das actividades que se están a desenvolver.

16.00 a 18.00 h Foro Negro. Reunión de todas/os as/os participantes.

18.00 h Santa Compaña e ofrenda. Marcha a pé.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Información da billeteira: 

Entrada libre ata completar aforo

Funcións: 
Sábado, 15 Decembro, 2018
10:00 a 19:00
Auditorio De Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia