I SOLITI IGNOTI/ RUFUFÚ

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · O MUNDO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO, TOLO 

I SOLITI IGNOTI / RUFUFÚ (1958)
Mario Monicelli
Italia / 106 min / Ficción / Italiano

Ficha artística:
Vittorio Gassman, Marcello Mastroianni, Renato Salvatori, Totò, Claudia Cardinale

Ficha técnica:
Guión: Agenore Incrocci, Furio Scarpelli, Suso Cecchi d'Amico, Mario Monicelli
Fotografía: Gianni Di Venanzo
Edición: Adriana Novelli
Produción: Franco Cristaldi

Sinopse:
Un dos roubos máis delirantes e divertidos da historia do cinema, protagonizado por un reparto que inclúe a Vittorio Gassman, Marcello Mastroianni e Claudia Cardinale. Un grupo de rateiros, aconsellados por un ladrón xa retirado, decide preparar un gran roubo nas oficinas romanas do Monte de Piedade, coa esperanza de que os saque da miseria na que viven. Para iso, a banda contrata un especialista en caixas fortes, pero os plans non sempre saen como un quere.

Candidata á mellor película de fala non inglesa nos Oscar 1958
Cuncha de prata ao mellor director no Festival de San Sebastián 1958

 

Duración: 
106 MIN
Entradas: 

ENTRADA DE BALDE previa retirada de convites dende o martes 7 ás 11 horas

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS E A RETIRADA DE CONVITES

Funcións: 
Venres, 10 Novembro, 2023
17:00
Salón Teatro
Mércores, 15 Novembro, 2023
17:00
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

I soliti ignoti 1958 Trailer