I̶N̶ ̶VISIBLE WOM@RTS

DATOS BÁSICOS

Liderado polo Auditorio de Galicia o proxecto europeo Wom@rts promove a presenza igualitaria das mulleres como axentes activos da contorna artística. O proxecto desenvólvese xunto a dez socios europeos, organizacións públicas e privadas sen ánimo de lucro: Fundación Municipal de Cultura de Avilés, rede escandinava WIFT (Mulleres en Cinema e Televisión), o Concello de Vilnius (Lituania), o Centro Audiovisual Simone de Beauvoir e a Communauté d’Agglomération du Grand Angoulême (Francia), a Escola Limerick de Artes e Deseño (Limerick Institute of Technology, Irlanda), o Hay Festival de Literatura e Artes (Reino Unido), a Academia Universitaria de Artes Aplicadas en Rijeka (Croacia) e o museo UGM Maribor (Eslovenia).

Entre as iniciativas desenvoltas organizáronse residencias artísticas para as que foron seleccionadas 32 artistas en tres das cidades socias do proxecto: Avilés acolleu artistas dixitais, de novos medios, fotografía e vídeo; Angoulême ás debuxantes de banda deseñada e ilustradoras e Limerick as gravadoras e estampadoras, residencias das que participaron as nosas creadoras Haya Blanco, Teresa Búa, Mery Pais e Xulia Vicente.

Os traballos toman como punto de partida 'O segundo sexo' en homenaxe ao ensaio escrito por Simone de Beauvoir no 70 aniversario da súa primeira publicación. Cada artista parte dunha realidade cultural e xeneracional propia, para preguntarse sobre a "natureza" da muller, o arraigo social, a historia ou os pasos futuros.

As obras foron incluídas nunha exposición itinerante polas cidades implicadas no proxecto, convertendo cada cita expositiva nunha oportunidade de tecer novas conexións e referencias.

Wom@rts Artist: Fernanda Álvarez Jimenez, Aoife Barrett, Haya Blanco, Teresa Búa, Cristina Busto Alvarez, Stéphanie Cadoret, María Castellanos Vicente, Fionnuala Doran, Marta Fermín, Mina Fina, Nanu González, Scotty Hervouet, Shelagh Honan, Korina Hunjak, Jo Kelley, Samira Kentrić, Melinda Kostelac, Raquel Lagartos, Hanne Larsen, Akvile Magicdust, Maura McHugh, Louise Mendoche, Merieme Mesfioui, Petra Mrša, Lorraine Neeson, Mery Pais, Ana Pečar, Audrey Potrat, Marija Stonyte, Martta Tuomaala, Xulia Vicente e Neringa Žukauskaitė.

Conta co apoio do Programa Creative Europe de la Unión Europea.

(in)visible Wom@rts permacerá aberta no Auditorio de Galicia ata o 15 de decembro de 2019

VISITA A WEBSITE: Wom@rts

 

Información da billeteira: 

HORARIO DE SALA

Entrada gratuíta

Todos os días de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h

(Os días de concerto a sala de exposicións pecha ás 19.00 h)

Funcións: 
Mércores, 30 Outubro, 2019
10:00 a 20:00
Auditorio de Galicia
Domingo, 15 Decembro, 2019

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia