CINEUROPA
FAYE DUNAWAY: O TALENTO CONVULSO
HURRY SUNDOWN / A NOITE DESEXADA (1967)
Otto Preminger
Estados Unidos / 146 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Faye Dunaway, Michael Caine, Jane Fonda, John Phillip Law, Robert Hooks
Ficha técnica:
Guión: Horton Foote, Thomas C. Ryan. Baseado na novela de Bert e Katya Gilden
Fotografía: Milton R. Krasner, Loyal Griggs
Edición: Tony de Zarraga, Louis R. Loeffler, James D. Wells
Produción: Otto Preminger
Sinopse:
Tras o remate da Segunda Guerra Mundial, Henry Warren, un terratenente ambicioso, tenta facerse coas leiras dos seus veciños para construír un gran complexo agrícola. Mais atópase coa resistencia de dous pequenos propietarios: Rad McDowell, un veterano branco empobrecido, e Reeve Scott, un agricultor negro decidido a defender a súa herdanza familiar. O conflito entre eles, alimentado pola cobiza, a hipocrisía e o racismo estrutural, convértese nun espello das tensións sociais dun país que se resiste ao cambio.
Premio á Mellor Promesa (Faye Dunaway) nos BAFTA 1968