CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
DOCS CINEUROPA
HOXE E O RESTO DO MUNDO (2026)
Cecilia Díaz Betz
España / 93 min / Galego
Participan:
Isaac Díaz Pardo, Mimina Arias de Castro
Ficha técnica:
Guión: Cecilia Díaz Betz
Fotografía: Alicia Francés
Edición: Diana Toucedo
Produción: Daniel Froiz
Sinopse:
A través dun amplo arquivo familiar, con imaxes domésticas e materiais inéditos, Cecilia Díaz Betz reconstrúe a traxectoria vital e artística dos seus avós, Isaac Díaz Pardo e Mimina Arias de Castro, figuras fundamentais da cultura galega contemporánea e impulsores do Laboratorio de Formas e de Sargadelos. O documental percorre a súa historia entre Galicia e o exilio arxentino, e explora a súa contribución á arte, o deseño, a arquitectura e o pensamento de vangarda. Desde unha perspectiva íntima e familiar, a película recupera tamén a memoria dunha época marcada pola Guerra Civil, o exilio e a reconstrución cultural de Galicia.
Cecilia Díaz Betz é fotógrafa e realizadora. A súa traxectoria está marcada pola transversalidade entre fotografía, audiovisual e arquivo. En 2020 realizou As miradas de Isaac, unha videoinstalación específica para a Cidade da Cultura que serviu de punto de partida para a súa primeira longametraxe documental, Hoxe e o resto do mundo.
SECCIÓN ESBILLA DO FESTIVAL DE XIXÓN 2026
Con presentación e coloquio