HOW TO HAVE SEX/ COMO TER SEXO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS

HOW TO HAVE SEX / COMO TER SEXO (2023)
Molly Manning Walker

Reino Unido / 91 min / Ficción / Inglés, español

Ficha artística:
Mia McKenna-Bruce, Lara Peake, Shaun Thomas, Samuel Bottomley, Enva Lewis

Ficha técnica:
Guión: Molly Manning Walker 
Fotografía: Nicolas Canniccioni
Edición: Fin Oates
Produción: Ivana MacKinnon, Emily Leo, Konstantinos Kontovrakis

Sinopse:
Tres adolescentes británicas, Zara, Em e Skye, viaxan a Creta para perderen a virxindade. As mozas queren pasar o mellor verán das súas vidas, bebendo, festexando e moceando, pero tamén enfrontan a presión dos seus compañeiros. O filme examina a violencia sexual á que se teñen que enfrontar as rapazas en festas orxiásticas durante estes "ritos de iniciación" tipicamente británicos.

Molly Manning Walker (Londres, Reino Unido). Formouse como directora de fotografía e obtivo un mestrado en fotografía cinematográfica no 2019, na británica National Film and Television School. O seu debut como directora foi no 2020 coa curta Good thanks, you?, estreada na Semana da Crítica de Cannes e proxectada en múltiples festivais. How to have sex é a súa ópera prima. 

Gañadora da sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2023
Premio Pilar Miró á mellor dirección nova na Seminci 2023

Duración: 
98 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre quince minutos antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 11 Novembro, 2023
22:30
Teatro Principal
Mércores, 22 Novembro, 2023
20:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

HOW TO HAVE SEX | Official Trailer | Coming Soon