FESTIVAL C
A TROPA C · CONTOS NO PARQUE· APEGO
HOTEL PARAÍSO
Galeatro
Idade recomendada: a partir de 4 anos
Duración: 60 min
O Programa Apego e A TROPA C abren un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego.
Imaxina un lugar no que cada habitación garda un sentimento, cada corredor conta unha historia e cada parede asubía un segredo.
Este espectáculo de narración oral levarate a percorrer as habitacións da alegría, do medo, do amor, da ira ou da esperanza.
Ven hospedarte ao HOTEL PARAÍSO onde cada palabra é unha chave e cada emoción unha porta por abrir!
☔️ AVISO! Por mor da choiva, este espectáculo trasládase ao Espazo Apego (Rúa da República do Salvador, 12) e a asistencia precisa inscrición previa a través deste formulario.
⚠️ Peche do prazo de inscrición: 14.00 h