FANTASTIQUE COMPOSTELA
VEN 13, 20:45 | TEATRO PRINCIPAL
SAB 21, 21:00 | SALÓN TEATRO
Rob Savage
Reino Unido / 57 min. / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Haley Bishop, Radina Drandova, Edward Linard, Jemma Moore, Caroline Ward, Emma Louise Webb
Ficha técnica:
Guión: Rob Savage, Gemma Hurley, Jed Shepherd
Edición: Brenna Rangott
Produción: Douglas Cox, Emily Gotto, Samuel Zimmerman
En pleno confinamento, un grupo de amigas quedan para realizar unha sesión de espiritismo a través de Zoom. O ambiente entúrbiase cando alguén (ou algo) máis se une á chamada... Host é unha das sensacións do terror desta tempada, rabiosamente contemporánea na súa linguaxe e de sabor deliciosamente clásico na administración de sustos sen cuartel.
Rob Savage
Escribiu, dirixiu, filmou, coproduciu e editou a longametraxe Strings aos 17 anos, filme que foi estreado no Festival de Cinema de Roma. Rob está a desenvolver actualmente unha serie de proxectos de cinema e televisión, entre eles Dawn of the deaf cos produtores Rob Watson e Fodhla Cronin O’ Reilly (Lady Macbeth).