TEATRO GHAZAFELHOS
Idade recomendada: público familiar
Duración: 50 min
Lingua: galego
EN FAMILIA · ARTES ESCÉNICAS · TEATRO DE RÚA
Tres feirantes percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes.
Coincidindo co seu 20 aniversario, Teatro Ghazafelhos recupera un dos seus primeiros espectáculos de rúa facendo uso do seu característico humor. Repasarán historias como as de A Cabra Montesina, As Lavandeiras, a Santa Compaña... A participación do público será imprescindible para poder representar estas historias para escagarriñarse, un espectáculo cómico de rúa para todos os públicos.