HIMNO VERTICAL

DATOS BÁSICOS

ROCÍO MÁRQUEZ

MÚSICA · CICLO FIESTRA ABERTA

Rocío Márquez é unha das figuras fundamentais da música flamenca do século XXI. Á hora de posicionarse coma cantaora, toma o testigo de grandes renovadores do xénero. Nas súas tres décadas de carreira artística, aúna rigor investigador, vocación creadora e excelencia interpretativa. O resultado, unha rotunda contribución a que o flamenco esté hoxe situado na vangarda da música actual.

Nesta ocasión, acompañada polo guitarrista Pedro Rojas- Ogayar, presenta HIMNO VERTICAL. O réquiem, tradicionalmente un canto de despedida, unha misa que rende tributo aos mortos, convírtese neste proxecto nunha obra que honra non so o final, senon tamén o comezo, o fluir e a transformación. Este réquiem non segue os dictados da autoría, nin pertence a unha única voz. É un eco coral que resoa desde o colectivo, un ritual de despedida e benvida á vez, unha cerimonia circular que invita a cuestionar o ciclo da vida e a morte como polos opostos e a asumilos coma unha única danza.

 

 

 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Sábado, 11 Abril, 2026
20:30
Auditorio de Galicia