HERSELF / VOLVER A EMPEZAR (2020)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN EUROPEA

SAB 7, 20:30 | TEATRO PRINCIPAL

DOM 8, 20:00 | SALÓN TEATRO

 

Phyllida Lloyd

Irlanda, Reino Unido / 97 min. / Ficción / Inglés

 

Ficha artística:

Clare Dunne, Harriet Walter, Conleth Hill, Cathy Belton, Ericka Roe, Rebecca O’Mara, Liz Fitzgibbon, Molly McCann, Sean Duggan

 

Ficha técnica:

Guión: Malcolm Campbell, Clare Dunne

Fotografía: Tom Comerford
Edición: Rebecca Lloyd
Produción: Rory Gilmartin, Ed Guiney, Sharon Horgan

A primeira vista, Sandra é unha nai que se esforza en conseguir un fogar cálido, seguro e feliz onde crezan as súas dúas pequenas fillas. Decidida a que as súas vidas melloren, e cando entende que as institucións non a van a axudar, decide que comezará de cero. Con poucos cartos e sen aforros, Sandra deberá utilizar todo o seu enxeño para converter en realidade o seu ambicioso plan. Ao mesmo tempo, debe escapar do control do seu posesivo exmarido e afastalo das súas fillas e dela mesma. Pero nada pode amedrentar a Sandra, que reúne a unha serie de amigos dispostos a apoiala e axudala.

 

Phyllida Lloyd

(Bristol, Reino Unido, 1957)
O seu debut na gran pantalla produciuse en 2008 coa comedia musical Mamma Mia! A película, que foi nomeada a dous Globos de Ouro e tres premios BAFTA. En 2011 volveu contar con Meryl Streep para encarnar a Margaret Thatcher na súa segunda longametraxe, A dama de ferro. Volver a empezar tivo a súa estrea internacional no Festival de Sundance.

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts.

Duración: 
97 min
Entradas: 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 7 Novembro, 2020
20:30
Teatro Principal
Domingo, 8 Novembro, 2020
20:00
Salón Teatro