HELDIN / LATE SHIFT / QUENDA DE GARDA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

HELDIN / LATE SHIFT / QUENDA DE GARDA (2025)

Petra Volpe

Suíza, Alemaña / 93 min / Ficción / Alemán

Ficha artística:

Leonie Benesch, Sonja Riesen, Alireza Bayram

Ficha técnica:

Guión: Petra Volpe

Fotografía: Judith Kaufmann

Edición: Hansjörg Weißbrich

Produción: Bastie Griese, Lukas Hobi, Peter Kreutz, Alexis Lieber, Reto Schärli

Sinopse:

Floria é unha enfermeira que traballa con gran dedicación e profesionalidade no servizo de cirurxía dun hospital suízo. Nunca comete erros, escoita con atención os seus pacientes mesmo nas situacións máis estresantes e está sempre dispoñible en caso de emerxencia. Pero na dura e, a miúdo, imprevisible realidade diaria do hospital, as cousas non sempre saen como se espera. Unha noite, ao comezar a súa quenda, a sala de urxencias está desbordada e falta persoal. Malia o ritmo frenético, Floria esfórzase por atender todos os pacientes, mais comete un erro fatal que pon en perigo toda a quenda. Comeza entón unha angustiosa carreira contrarreloxo.

Petra Volpe é unha guionista e directora suíza-italiana. Formouse en Arte en Zúric antes de traballar como montadora e estudar guión e dramaturxia na Academia de Cine Konrad Wolf de Potsdam-Babelsberg. Desde 2003 desenvolve unha prolífica carreira en cinema e televisión. Entre as súas obras máis salientables figuran A orde divina (2017), sobre a loita polo dereito ao voto feminino en Suíza, e a súa exitosa adaptación de Heidi (2015).

 

Mellor fotografía en longametraxe dos Deutscher Kamerapreis 2025

Estrea na Berlinale 2025

 

Duración: 
93 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  •  En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    •  NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Martes, 18 Novembro, 2025
23:00
Salón Teatro
Mércores, 19 Novembro, 2025
20:45
Teatro Principal
MULTIMEDIA

LATE SHIFT | Official Trailer (2025)