CINEUROPA · O MUNDO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO, TOLO
HEAVEN CAN WAIT / O DIAÑO DIXO NON (1943)
Ernst Lubitsch
Estados Unidos / 112 min / Ficción / Inglés, francés
Ficha artística:
Gene Tierney, Don Ameche, Charles Coburn
Ficha técnica:
Guión: Samson Raphaelson, baseado na obra de Leslie Bush-Fekete
Fotografía: Edward Cronjager
Edición: Dorothy Spencer
Produción: William Goetz, Ernst Lubitsch
Sinopse:
Cando morre aos 70 anos, Henry Van Cleve vai ao inferno, onde é recibido por un cabaleiro ben vestido que lle esixe que confese os seus delitos. Henry comeza a contarlle a súa historia: dende neno, a súa adiñeirada familia proporcionoulle todos os luxos e satisfixo todos os seus caprichos. Xa de adulto, levou unha vida disipada, mais cambiou radicalmente o día en que coñeceu a Martha Strabel, a muller dos seus soños.
Candidata a mellor película, dirección e fotografía nos Óscar 1943