GUERRA
TEATRO DO NOROESTE
Idade recomendada: > 18 anos
Lingua: galego
Posfunción ao remate do pase do 18 de xaneiro
Estrea absoluta
Foco Teatro do Noroeste
Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no teatro europeo desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.
Dirección e iluminación: Eduardo Alonso
Elenco: Miguel Pernas, Luma Gómez, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida, Xavier Estévez
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Música: Bernardo Martínez
Produción: Eva Alonso