GUADI GALEGO · SÍNTESE HORIZONTE

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

“Será pola roibén que aínda me sinto a salvo” (Antía Otero)

No mes de setembro, Guadi Galego lanzaba co seu sinxelo ‘O.D.A.’ unha mensaxe ao mundo: “Estou tan viva. Sigo viva”. Logo da Roibén (2022) e dun tempo dunha simbólica ausencia nos escenarios do país, Guadi Galego segue a atravesar etapas e dá paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida existiu e persiste nela.

Neste 2024 regresa cun novo espectáculo, Síntese Horizonte, expresamente concibido para representar, ao vivo, en tres únicas funcións sobre as táboas dos teatros de Galicia. Síntese Horizonte é unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, Guadi foi aprendendo a desaprender do establecido. Agora, ela, acompañada dunha portentosa banda, e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena, confirmará o que desexabamos ver, sentir e escoitar: o poder transformador da música ao vivo.

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • Entradas esgotadas para á venda en liña
  • Aínda hai butacas de visibilidade reducida e para o anfiteatro do Teatro Principal a disposición do público. Teñen un prezo do 50% sobre o xeral e só se poden adquirir no despacho de billetes da Zona C ou, xa o día do concerto, no despacho de billetes do Teatro Principal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 26 Xaneiro, 2024
20:30
Teatro Principal