CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
GRELEI RAÍCES NO TEU LAR (2025) + PRESENTACIÓN
Adriana Páramo
España, Reino Unido / 61 min / Documental / Galego, castelán
Ficha artística:
Adriana Páramo, Cristina González, Natalia Pérez, Patricia Boente, María Sabucedo, María Carmen Vázquez
Ficha técnica:
Guión: Adriana Páramo
Fotografía: Adriana Páramo
Edición: Adriana Páramo
Produción: Adriana Páramo
Sinopse:
Despois de once anos fóra, Adriana regresa a Galicia para enfrontarse ao baleiro que deixa a morte da súa tía. Instálase na súa casa, un lugar cheo de recordos, e comeza a gravar o seu día a día. Alí sente, por primeira vez, o desexo de ser nai e decide emprender, en solitario, o camiño cara á maternidade. Nesta viaxe íntima, Adriana reconstrúese, dando forma a un novo fogar.
Adriana Páramo é directora e investigadora audiovisual. A súa curta Anatomía dunha serea (2022) destacou en festivais pola súa mirada de xénero, e Illa Pedra (2010) foi a primeira curta de ficción en galego con audiodescrición para persoas invidentes. Tamén creou videopoemas baseados na obra de Lara Dopazo, como ovella (2017). Grelei raíces no teu lar (2025), a súa primeira longametraxe documental, forma parte da súa tese doutoral na Royal Holloway University of London, onde investiga a representación do parto no cinema. O seu traballo explora a identidade, a maternidade e a representación. É cofundadora do Galician Film Forum, organización que exhibe cinema galego no Reino Unido, e conta con máis de dez anos de experiencia en produción audiovisual.