CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
GREAT YARMOUTH - PROVISIONAL FIGURES (2022)
Marco Martins
Portugal, Francia, Reino Unido / 113 min / Ficción / Inglés, portugués
Ficha artística:
Beatriz Batarda, Kris Hitchen, Bob Elliott, Romeu Runa, Victor Lourenço, Nuno Lopes, Rita Cabaço
Ficha técnica:
Guión: Ricardo Adolfo, Marco Martins
Fotografía: João Ribeiro AIP
Edición: Karen Harley, Mariana Gaivão, Marco Martins
Produción: Uma Pedra no Sapato, Vende-se Filmes, Les Films de l'Après-midi, Damned Films
Sinopse:
Outubro do 2019, Great Yarmouth, Norfolk (Reino Unido). Tres meses antes do Brexit. Centos de traballadores migrantes chegan desde Portugal á cidade en busca dun emprego nas fábricas locais de procesado de carne de pavo. Tânia (coñecida como A Nai dos portugueses) traballou nestas plantas avícolas pero está actualmente casada cun hostaleiro inglés. Ninguén mellor ca ela para axudar a estas persoas migrantes portuguesas a se faceren cun traballo, pero ela quere obter a cidadanía británica, abandonar ese ingrato negocio e reformar os hoteis abandonados para transformalos en residencias para a terceira idade.
Marco Martins (Lisboa, Portugal). Graduouse entre a Escola Superior de Teatro e Cinema e a Universidade de Nova York. Foi asistente de directores como Wim Wenders, Pedro Costa ou Manoel de Oliveira. Gañou o Regards Jeune no Festival de Cannes coa súa primeira película Alice (2005). São Jorge (2016) foi distinguida co premio ao mellor actor na sección Orizzonti do Festival de Venecia. How to Draw a Perfect Circle (2009) e The Man With a Box (2015) son outros dos seus títulos.
Sección Oficial do Festival de San Sebastián 2022