GRAN GALA DO CIRCO

DATOS BÁSICOS

GRAN GALA DO CIRCO
PISTACATRO
  

Idade recomendada: Todos os públicos
Duración: 90 min
Lingua: galego

Coa Gran Gala do Circo celébrase no Auditorio de Galicia o Día Internacional do Circo. Este espectáculo de variedades, coordinado por Pistacatro, reúne en escena unha espectacular selección de artistas locais e internacionais nunha gran festa pensada para o goce do público grande e miúdo. Malabares, acrobacias, humor, equilibrio e maxia súmanse nun evento único que transforma o Auditorio nunha auténtica carpa chea de ilusión. Non esperes que cho conten: vén vivir en directo o espectáculo máis grande do mundo. Pasen e vexan!

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 26 Abril, 2026
18:00
Auditorio de Galicia