GRAN GALA DO CIRCO
PISTACATRO
Idade recomendada: Todos os públicos
Duración: 75 min
Lingua: galego
Coa Gran Gala do Circo celébrase no Auditorio de Galicia o Día Internacional do Circo. Este espectáculo de variedades coordinado por Pistacatro congrega en escena un feixe de artistas locais e vidos doutras terras nunha festa para o goce do público miúdo e tamén do grande. Non esperedes que volo conten e vide ver o espectáculo máis grande do mundo. Pasen e vexan!