GRAN GALA DE CIRCO DE COMPOSTELA

DATOS BÁSICOS

PISTA4 PRODUCTORA DE SOÑOS

Idade recomendada: >2 anos

Duración: 70 min

Lingua: galego

Ven a celebrar o DÍA MUNDIAL DO CIRCO ao Auditorio de Galicia coa Gran Gala de Circo anual que o Concello organiza en colaboración con Pistacatro.

Un produto para gourmets, a flor e nata, la crême de la crême. Deguste os números máis deliciosos, as maiores proezas condensadas, chega agora a compilación cos maiores éxitos dos artistas de circo do panorama estatal e internacional.

As Galas de Circo inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os números de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué, entre outros. Ofrécese así ó público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.

Duración: 
70 min
Entradas: 

3 euros

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Domingo, 16 Abril, 2023
18:30
Auditorio de Galicia