CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
GODLAND (2022)
Hlynur Pálmason
Dinamarca, Islandia, Francia, Suecia / 143 min / Ficción / Dinamarqués, islandés
Ficha artística:
Elliott Crosset Hove, Victoria Carmen Sonne, Hilmar Guðjónsson, Ída Mekkín Hlynsdóttir
Ficha técnica:
Guión: Hlynur Pálmason
Fotografía: Maria von Hausswolff
Edición: Julius Krebs Damsbo
Produción: Snowglobe
Sinopse:
A finais do século XIX, un sacerdote danés viaxa a unha zona remota de Islandia para construír unha igrexa e fotografar os seus habitantes. Pero canto máis se adentra na implacable paisaxe, máis se afasta do seu propósito, da súa misión e da moral.
Hlynur Palmason (Hornafjörður, Islandia). Comezou a súa carreira como artista visual para despois formarse como cineasta na Escola Nacional de Cinema Danesa. No 2017 dirixiu a súa primeira longametraxe, Winter Brothers, que recibiu nove premios do cinema danés, entre eles os de mellor director e mellor película. O filme competiu en Locarno, onde se alzou con catro galardóns. O seu seguinte traballo, Un branco, branco día (2019), presentouse na Semana da Crítica de Cannes.
Sección ‘Un certain regard’ do Festival de Cannes